Ruta da industria conserveira

A Illa de Arousa

Unha viaxe con realidade aumentada polo pasado industrial da Illa de Arousa

A Ruta da industria conserveira da Illa de Arousa como actividade sociocultural
A Ruta da Industria da conserva da Illa de Arousa nace para poñer en valor o patrimonio e a historia marítimo-conserveira deste municipio e para dar a coñecer a importancia que a industria da salgadura e a conserva, así como a pesca, tiveron no desenvolvemento da súa poboación.
Primeiro coa salgadura, xa desde a época romana, logo coas conservas e posteriormente coa industrialización das fábricas de peixes e mariscos que da man da familia Goday instálanse na Illa en 1879. É aquí onde nace o xerme da actividade industrial ao mesmo tempo que se promovía a actividade pesqueira con novas artes e embarcacións.

Industria Conserveira da Illa de Arousa

Unha viaxe polo pasado

App Realidade Aumentada

Descubre da man de Carme de Semuíño, operaria dunha das antigas fábricas de conservas e salgaduras, un roteiro que che levará a descubrir a importancia que esta industria tivo para o desenvolvemento da Illa de Arousa.

A través da realidade aumentada, poderás explorar as reconstrucións históricas en 3D dalgunhas das fábricas máis emblemáticas, así como coñecer a historia e o patrimonio deste mar e desta terra.

Sabías que aquí, na Illa de Arousa, situouse a primeira fábrica de conservas de produción industrializada de Galicia? Descarga e verás!

Ruta da Industria conserveira

A través deste roteiro poderás pasear e ver os vestixios da época como son as fachadas e chemineas das antigas conserveiras e no actual Centro de Interpretación da Conserva, situado no que foi a primeira fábrica de conservas de produción industrializada de Galicia.

Da man da familia Goday poderás intuír o desenvolvemento que esta industria tivo a nivel local e galego.
A Ruta da industria conserveira da Illa de Arousa como actividade sociocultural é un proxecto financiado polo Fondo Europeo Marítimo da Pesca (FEMP) a través da Consellería do Mar por medio do Galp Ría de Arousa.